23 de janeiro de 2011

UN POUCO DE MÚSICA, DA BOA

Imos darlle ó blog algunhas notas.


TROFEU EMPRESAS 2011

E xa estamos de novo por aquí.

Estas son as datas propostas para esta tempada:



Terá tempo a equipa para facer treinos abondo e preparar o novo ano?.

Chegarán a tempo a limpar a merda acumulada no kart antes de lle botar máis enriba?.

Conseguirán o Rui facer unha corrida sen dar un pión?.

Rematará o Xavi algunha corrida sen andar a mallar na herba?.

Entenderán os patrocinadores tanto talento xunto nunha mesma equipa?.

É decir, rematará este ano a equipa VG-IKF a primeira volta dunha corrida sen estar na derradeira praza?

...pois xa veremos.

CLASIFICACIÓN FINAL DO TROFEU EMPRESAS 2010

Pois xa rematou o primeiro ano de carreiras "para maiores". Alá van un feixe de trompos, saídas de pista, trazadas optimistas e remontadas que ficaron en grao de tentativa....

Máis o importante, ben seguro, foi acadado: o Rui e máis eu somos uns tíos muito contentos de pilotar ó noso xeito¡¡.

Esta foi a clasificación final do campionato, onde a nosa equipa quedou nunha moi boa praza nº12.



Obrigado a xente que nos comprende e ata pregunta por cómo nos foron as corridas.

Obrigado para as "nosas mulleres", que non son nosas, pero teñen moita paciencia.

Agora toca prepararse e agardar pola seguinte tempada.

Aburiño.